"Serapio" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixioso mercedario. Colaborou nas revistas La Merced e San Ramón y su Santuario e publicou Una flor que se marchita (1916), Las veladas en el hogar doméstico (1917), Los golfos (1919), Un abrazo histórico (1922) e Despertador mercedario (1928).
-
PERSOEIRO
Bispo de Thmuis, no delta do Nilo (339-360). Amigo de santo Atanasio, antes de recibir o episcopado foi monxe no deserto. Escribiu un tratado contra os maniqueos e un Eucoloxio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que deriva do grego Serapios e este de Sérapis ou Sárapis, deus grego procedente dunha divindade exipcia anterior que significaba ‘sol’. Este nome pervive en Galicia como apelido nas formas Sarrapio e Serrapio, aínda que para algúns autores pode que derive do substantivo común sarrio. Presenta a variante Serrapio.