"Sesostris II" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Faraón da dinastía XII (1897-1878 a C), fillo de Amenemhat II. Tentou converter Al-Fayyūm na rexión agrícola máis rica de Exipto, mediante o control das augas da inundación do Nilo e a recuperación de terras. Construíu a súa pirámide en Ilahun e, preto dela, a vila Hetep-Sesostris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón da dinastía XII (1878-1843 a C). Consolidou de forma definitiva o dominio exipcio na Baixa Nubia. Nestas terras ten documentadas catro expedicións, todas vitoriosas (1871, 1869, 1862 e 1859 a C). Considerando que os gobernadores provinciais constituían un perigo para o poder central, suprimiu o cargo de nomarca, e as provincias foron administradas directamente desde a capital.

    VER O DETALLE DO TERMO