Shanxi
Shanxi
Nome científico:
[Wade: Shansi]
Sheng de China, na rexión do Norte, situado na conca inferior do Huang He (156.000 km2; 32.970.000 h [2000]). A capital é Taiyuan. É un altiplano fértil cuberto de loess onde se cultiva millo, trigo, tabaco, algodón e froitas. A actividade económica concéntrase no val de Fen He, afluente do Huang He, onde se atopa Taiyuan, gran centro mineiro e industrial. As maiores reservas de carbón do país están en Taiyuan, Pinting, Lincheng e Datong.