"Sidney" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Desenvolveu a espectroscopia estelar e demostrou que a temperatura das manchas solares era inferior á do disco; así mesmo, determinou as magnitudes absolutas de diversas estrelas e estudiou as atmosferas de Marte e de Venus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico norteamericano de orixe canadense. Os seus traballos co enzima ribonucleasa P amosaron que o RNA tamén pode actuar como catalizador. Recibiu o Premio Nobel de Química (1989) xunto con T. Cech, que chegara independentemente aos mesmos resultados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clarinetista e saxofonista de jazz. Foi un dos mellores clarinetistas dentro do estilo de Nova Orleans e un notable solista do saxo soprano. Realizou gravacións con Louis Armstrong, actuou con Duke Ellington e na década de 1920 foi de xira por Europa e EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Batería norteamericano. Coñecido como Big Sid, formou parte, entre outros, dos conxuntos de Benny Carter (1933), Fletcher Henderson (1936) e Louis Armstrong (1938 e 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Iniciou a súa andaina artística co seu irmán Charles Spencer Chaplin, con quen colaborou en filmes como Shoulder Arms! (Armas ao ombro, 1918), A Dog’s Life (Unha vida de can, 1918), Pay Day (Día de paga, 1922) ou The Pilgrim (O peregrino, 1922). Retirouse coa chegada do cine sonoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e poeta estadounidense. Prisioneiro durante a Guerra da Secesión, explicou as súas experiencias na novela Tiger-Lilies (1867). Os seus versos suxiren ritmos e temas máis propios da música. É autor de Poems (1877), Science of English Verse (1880) e Music and Poetry (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. A súa obra comprende adaptacións teatrais como Twelve Angry Men (1957) e filmes como The Offence (1973), Serpico (1973), The Wiz (1978), Prince of the City (1981), The Verdit (1982), Family Business (1989), Guilty as Sin (1993), Critical Care (1997), Night Falls on Manhattan (1997) e Gloria (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador estadounidense. Foi o primeiro actor de orixe afroamericana en conseguir certa consideración en Hollywood. Debutou en Broadway coa obra Lysistrata e na gran pantalla co filme No Way Out (1950), de Darryl F. Zanuck. Nominado ao Oscar por The Defiant Oves (1958), en 1963 conseguiu o premio polo seu papel en Lilies of the Field. Das súas interpretacións tamén destacan In the Heat of the Night (1967), Guess Who’s Coming to Dinner (1968) e The Jackal (1997). Desde 1972 adoita actuar nas películas que dirixe, como The Wilby Conspiracy (1975). En 2002 recibiu un Oscar honorífico polo conxunto da súa carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, actor e produtor cinematográfico estadounidense. Comezou no teatro en 1955, e unha vez instalado en Hollywood, cultivou o cine de temática social con filmes como They Shoot Horses, don’t they? (1969) e Jeremiah Johnson (1972). Posteriormente, produciu e dirixiu algúns filmes máis comerciais como Tootsie (1982), Out of Africa (1986, Oscar á mellor realización), Havana (1990), The Firm (1993), Sabrina (1995) e Random Hearts (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Coñecido tamén como O’Henry, comezou a escribir unha serie de narracións breves que o popularizaron. Destacan as súas colaboracións en New York World (1903) e as súas narracións (Stritly Business, 1910, e Sixes and Sevens, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Entre 1565 e 1578 traballou para impoñer a dominación inglesa en Irlanda, que dividiu territorialmente en condados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado un dos máis destacados poetas renacentistas ingleses, salienta The Lady of May (1578), a súa colección de sonetos Astrophel and Stella (1580-1584) e a novela The Countess of Pembroke’s Arcadia (1590).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. De tendencia liberal conservadora, foi ministro de Finanzas (1893-1894 e 1894-1896), puxo orde na circulación bancaria e foi xefe do goberno (1906, 1909-1910). Ao estoupar a Primeira Guerra Mundial, e como ministro de Asuntos Exteriores, preparou a entrada de Italia na guerra ao lado das potencias da Entente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Membro da Fabian Society (1854), propugnou a creación progresiva dunha sociedade socialista. Foi ministro de Comercio (1924) e de Colonias (1929-1931). Escribiu The History of Trade Unionism (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO