"Sigfrido" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xermánico Sigifrid, de sigis ‘vitoria‘ e frid ‘paz’, ‘a paz vitoriosa’ ou ‘o pacificador vitorioso’. Presenta a variante Sigfredo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe das lendas escandinavas, como o Edda ou a Volsungasaga, co nome de Sigurd, e xermánicas, como Nibelungenlied. Venceu ao dragón Fafnir, namorado da valquiria Brunilda, pero baixo a influencia dunha poción casou con Gudrun, e Brunilda, en vinganza, fíxoo matar e acabou lanzándose á pira funeraria do heroe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fortificacións, tamén chamadas Westwall (Muro do Oeste), que defendían a fronteira de Alemaña con Francia, desde Suíza a Luxemburgo. Construíuse por orde de Hitler e a organización Todt (1936-1938).