"Siles" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Poeta místico alemán, graduado en medicina. Adaptou as novas formas da poesía profana a unha lírica místico-relixiosa, dunha gran claridade a pesar do uso de recursos retóricos. Son notables a recompilación de poemas Cherubinischer Wandersmann (Vagabundo querubínico, 1657) e os cantos místico-pastorís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma desde a que se lanzan proxectís guiados do tipo mísil. Poden ser terrestres, de asentamento fixo ou móbil, con vehículos lanzamísiles, navais (en barcos ou submarinos) e aéreos (avións e helicópteros).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no Parque Natural Sierra de Cazorla, Segura y las Villas, no límite coa provincia de Albacete (2.471 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Cofundador do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR, 1941), viviu exiliado en Arxentina e Chile entre 1946 e 1951. Ao regresar ao seu país, dirixiu en 1952 a insurrección que levou ao MNR ao poder e foi vicepresidente (1952-1956) e presidente (1956-1960) da república. Un golpe de estado obrigouno a exiliarse de novo (1964-1978). En 1978 fundou o Movimiento Nacionalista Revolucionario de Izquierda, co que venceu nas eleccións presidenciais de 1979 e 1980, pero o réxime militar non permitiu a toma de posesión do seu novo cargo. Disolta a xunta militar, ocupou a presidencia da república entre 1982 e 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Europa Central situada entre a vertente NL dos Sudety e a conca superior do Oder, dentro dos límites do estado polaco, excepto unha pequena parte que pertence á República Checa e que forma parte de Moravia Setentrional. Ocupada por tribos eslavas desde os ss V-VI, a finais do s IX formou parte da Gran Moravia, e no s X foi incorporada ao nacente estado polaco. A fragmentación de Polonia a partir da morte de Boleslau III Bocatorta (1086-1138) facilitou a penetración checa e alemá en Silesia, que en 1163 pasou a ser un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1335 o rei polaco Casimiro III o Grande cedeulla a Bohemia, reino que foi incorporado en 1526 aos dominios dos Habsburgo austríacos. En decembro de 1740 a maior parte da rexión foi conquistada por Federico II de Prusia, mentres que só os ducados de Cieszyn, Opawa e Koniowo continuaron baixo a administración de Viena. Prusia levou a termo en Silesia unha intensa acción xermanizadora, que no s XIX...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Carbonífero que, con categoría de subsistema, é equivalente ao Pennsylvaniano ou ao Carbonífero Superior.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Silesia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Silesia.
-
-
Relativo ou pertencente ao Silesiano.
-