"Simancas" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito documental destinado a gardar a documentación producida polas diversas institucións estatais de Castela e da monarquía hispánica. O arquivo contén 61.505 legados e 5.196 volumes, comprendidos principalmente entre os ss XV e XVIII. As series principais catalogadas son títulos de Castela, Flandres, Italia e Portugal, amais de negociacións con Inglaterra e rexistros do selo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado a 9 km ao SO da capital, á dereita do Pisuerga (3.952 h [2001]). Antiga cidade vaccea, chamada polos romanos Septimanca, tras a conquista de Afonso I (753) foi unha fortaleza cristiá na fronteira do Duero. Reocupada polos árabes, Ramiro II conquistouna definitivamente (939). Despois da toma de Toledo (1085) uniuse a Valladolid. Afonso Enríquez reconstruíu a súa fortaleza, que foi cedida aos Reis Católicos en 1480. En 1508 foi convertida en prisión estatal, e Carlos V transformouna en arquivo real (1548). Confiscado e trasladado por Napoleón I a París, o Arquivo Nacional foi devolto a Simancas en 1815. Consta duns 5.200 volumes e 60.200 cartafoles.
VER O DETALLE DO TERMO