"Singapur" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CIDADES
Cidade e capital de Singapur, situada no extremo S da illa homónima e atravesada polo río Singapur (2.540.650 h [estim 1995]). É un gran centro financeiro e o porto comercial máis grande de Asia suroriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado insular situado en Asia suroriental, formado pola illa homónima e algúns illotes, situados no extremo S da península de Malacca, da que está separada polo estreito de Johor (683 km2; 3.306.000 h [estim 2001]). A súa capital é Singapur.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O territorio está dividido na illa de Singapur e outras illas de menor tamaño. A illa maior está constituída por unha chaira, as súas costas son baixas e areosas e están cubertas de mangleirais. O clima é ecuatorial cálido e húmido, con variacións estacionais mínimas e precipitacións moi abundantes e ben distribuídas ao longo do ano. A vexetación autóctona é a selva ecuatorial, que antes cubría toda a illa pero que actualmente quedou relegada a determinados enclaves, pois máis do 80% da illa está urbanizada. Conta con numerosos ríos de curto percorrido dos que destacan o Seletar e o Jurong. O sector primario achega cultivos de coco, tabaco, piña, hortalizas, plantas ornamentais como a orquídea,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa Singapur do arquipélago de Riau (Malaisia) e comunica o estreito de Malacca co mar da China Meridional.
-
-
Relativo ou pertencente a Singapur ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Singapur.
-