"Sintra" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.
-
CIDADES
Cidade de Lisboa, Portugal, situada ao N da serra de Sintra (25.630 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destacan o Paço de Sintra, antiga residencia estival dos monarcas portugueses (ss XIV-XV), o Castelo dos Mouros (ss VII-VIII), o Palácio da Pena (1839-1850) e a Quinta de Monserrate. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante. Descubriu a costa africana desde a boca do Geba ata Liberia (1460-1469) e contribuíu ao progreso da cartografía da época.
VER O DETALLE DO TERMO