"Sonia" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
-
Que combate a enfermidade de Párkinson.
-
Axente que combate a enfermidade do Párkinson. Os fármacos antiparkinsonianos baséanse no feito de que o transtorno bioquímico fundamental desta enfermidade é un déficit de dopamina nos ganglios basais, o que produce un exceso relativo de acetilcolina. A levodopa, precursora da dopamina, é o fármaco de elección, xeralmente asociado a un inhibidor da dopadescarboxilasa. Outros fármacos utilizados son os anticolinérxicos, selexilina, amantadina, bromocriptina, lisurida e pergolida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
País dos ausóns, un dos máis importantes pobos próximos á zona de colonización grega de Italia (Magna Grecia) durante a Antigüidade, fundamentalmente na primeira metade do I milenio a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura do Bronce final e primeira Idade do Ferro das illas Lípari e da costa nororiental de Sicilia. A súa denominación alude á irrupción nesas illas da cultura apenínica, precursora da etrusca, da que formaban parte os ausóns.
-
-
Relativo ou pertencente ás bonnemaisoniáceas.
-
Alga da orde das bonnemaisoniáceas.
-
Orde de algas da subclase das florideofíceas que comprende especies de clico trixénico, con tetrasporófitos de aspecto moi diferente aos gametófitos, notables pola presenza de células secretoras de iodo.
-
-
PERSOEIRO
Actriz brasileira. A súa primeira aparición remóntase a 1969 en O bandido de luz vermelha. Realizou series de televisión e acadou o seu primeiro papel protagonista na telenovela Gabriela (1975) que foi levada ao cine en 1983. Participou noutras series de televisión como Saramandaia (1976), Chega Mais (1980), The man who broke 1.000 chains (O home que rompeu 1.000 cadeas, 1987) e Força de um desejo (1999). Participou, entre outras, nas seguintes películas: Eu te amo (1981), Kiss of the spider Woman (O bico da muller araña, 1995), Tieta do Agreste (1996), da que foi coprodutora, e Angel Eyes (Ollos de anxo, 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sonia Terk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos arborescentes, de rizoma, as máis das veces, sen ramificar, cuberto de restos das bases dos pecíolos e de pelos, así como con raíces febrosas. As frondes están pinnadas de 2 a 4 veces, cos soros -nas frondes fértiles de menor tamaño- situados nas marxes das pínnulas, protexidos por un indusio de dúas valvas. Comprende unhas 25 especies orixinarias de América, sueste de Asia, Australasia e Polinesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidracida do ácido isonicotínico que, asociado co ácido p-aminosalicílico, que se emprega no tratamento da tuberculose. OBS:Tamén se denomina hidracida do ácido isoicotínico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores e arbustos, da familia das cesalpiniáceas, de follas bipinnadas, espiñentas e co pecíolo curto, e follas amarelas en inflorescencias laxas. Medran en rexións cálidas de América e África. Destaca a especie Parkinsonia aculeata, un arbusto espiñento de América tropical, que se emprega como ornamental en forma de sebe.
-
-
Relativo ou pertencente á enfermidade de Parkinson.
-
Que ou quen está afectado da enfermidade de Parkinson.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un robinson.
-
GALICIA
Actriz. Formada con Albert Boadella, Ernesto Caballero ou Shelma Shoregui, participou no deseño do vestiario de diversas producións de Teatro de Ningures. Con esta mesma compañía participou nos espectáculos María Soliña (1989), Tic-Tac (1996) e Círculo (2002); con Producións Teatrais do Sur actuou en Sempre Ubú (1996) e con Teatro do Atlántico en A noite das tríbades (1996) e Amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe rusa, onde é o hipocorístico de Sofía, que procede do grego Sophia, que significa ‘sabedoría’. Chegou ao galego desde o mundo angloxasón, a partir da década de 1920, concretamente desde a novela Sonia de Stephen McKenna.
-
PERSOEIRO
Pintora rusa. Coñecida como Sonia Delaunay tras o seu matrimonio con R. Delaunay, naturalizouse francesa. En París participou no orfismo, que aplicou ás artes industriais, aos tecidos e a todos os elementos da moda. En 1941 comezou unha nova etapa, caracterizada pola realización de augadas dunha gran sensibilidade.
VER O DETALLE DO TERMO