Syllabus
Syllabus
Encíclica publicada por Pío IX en 1864 en que se recollían oitenta proposicións condenatorias das doutrinas progresistas. Dividida en dez parágrafos, condenaba o panteísmo, o naturalismo, o racionalismo, o indiferentismo, o latitudinarismo, o socialismo, o comunismo, o liberalismo, as sociedades secretas, as sociedades bíblicas, as doutrinas sobre a autonomía da sociedade civil e as doutrinas que negaban a soberanía temporal do papa.