"Télefo" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que agrupa a maioría das empresas de márketing telefónico de España co obxectivo de dar a coñecer as actividades que desenvolven os seus asociados e defender os seus intereses no eido publicitario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dun teléfono ou radioteléfono onde se aloxan o micrófono e o receptor, e que a miúdo tamén leva incorporada o teclado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de comunicación telefónica entre dous interlocutores mediante unha transmisión con ondas radioeléctricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa nun servizo de radiotelefonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teléfono sen fíos que se emprega en radiotelefonía, que transmite e recibe a información mediante as ondas radioeléctricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Misia, fillo de Heracles e Auge. Cando os gregos atacaron Misia, foi ferido por Aquiles, e ao saber que só se podía curar mediante a lanza que o feriu, pactou con Aquiles conducir a frota grega ata Troia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chamada telefónica.
-
-
Comunicar algo por teléfono.
-
Chamar a alguén por teléfono.
-
-
-
Arte de construír, instalar e manexar os teléfonos.
-
Sistema de telecomunicación que consiste na transmisión a distancia do son mediante dispositivos eléctricos. A súa invención debése a Antonio Meuci, aínda que foi patentado por A. Graham Bell. O teléfono de Bell consistía nun micrófono e nun receptor separados a unha certa distancia. No micrófono, a voz do que falaba facía vibrar unha lámina de ferro moi fina, e modificaba así o campo dun imán permanente que levaba unha bobina asociada, na que se inducían correntes eléctricas proporcionais a aquelas variacións: no receptor, as correntes variables que chegaban modificaban o campo doutro imán, o que provocaba a vibración dunha lámina de ferro e reproducía os sons. O micrófono de carbón, ideado en 1888 por D. Hughes e perfeccionado despois por Ader, constituíu unha mellora do sistema. Posteriormente foi substituído polo micrófono de grans de carbón, ideado por Hunnings no ano 1891. Para efectuar a interconexión pódense poñer todos os abonados en contacto cunha terceira persoa (operadora)...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada o 19 de abril de 1924 co nome de Compañía Telefónica Nacional de España, SA. Xurdiu do convenio entre o Estado e a empresa estadounidense International Telephone and Telegraph Corporation (ITT), e dispuña do monopolio das comunicacións telefónicas en España. En 1945 o Estado converteuse en socio maioritario. Desde finais da década de 1980 abriuse ao mercado internacional e adquiriu accións en empresas operadoras de redes de telecomunicacións en Hispanoamérica. En 1994 lanzou o servizo de telefonía móbil dixital, Movistar, en 1995 presentou o seu servizo de Internet, Infovía, e en 1999, Terra. En 1997 privatizouse. Paralelamente, comezou as probas coa tecnoloxía ADSL. En 2000 creou Telefónica Móviles e Telefónica DataCorp.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao teléfono ou á telefonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa nun servizo telefónico.
-
-
Sistema eléctrico que permite transmitir sons a distancia a través dunha liña que conecta uns aparatos emisores e receptores, grazas ao que poden conversar dúas persoas. O 12 de xuño de 2002 o Congreso de EE UU aprobou a resolución número 269 que declaraba ao italiano, nacionalizado estadounidense, Antonio Meucci como o inventor do teléfono. Meucci emigrou a Cuba (1835) onde traballou en investigacións científicas de aplicacións militares e en electromedicina. En La Habana descubriu accidentalmente, durante o emprego dun dos seus descubrimentos, a transmisión de sons a través de condutores, e decatouse das posibilidades que isto representaba para as comunicacións. En 1850 trasladouse a Nova York, e en 1860, dez anos antes da patente de Bell, fixo unha demostración dun sistema telefónico que denominou teletrófono. Meuci rexistrou o seu prototipo (1871) sen obter unha patente, protestou a de Bell, pero non tivo éxito. Entre as invencións que se atribúen a Meucci figura o uso de bobinas para...
-
Aparato para transmitir sons a distancia mediante unha instalación de telefonía. O teléfono está constituído fundamentalmente por un micrófono, un auricular e os dispositivos complementarios que permiten enviar e recibir as chamadas (como o disco de marcar). O micrófono e o auricular van aloxados no microteléfono, que se separa do teléfono e que se mantén na man ao falar. Nalgúns modelos o microteléfono ten, ademais, o disco de marcar. A chamada orixínase cando se descolga o microteléfono. No teléfono automático prodúcese a través do disco de marcar, que, no movemento de retroceso ata a posición de repouso, interrompe, cunha cadencia regular, a corrente continua de alimentación da central. Co tempo substituíuse o disco de marcar por teclas, que, ao ser premidas, envían á central unha combinación de dúas frecuencias entre cinco preestablecidas, como identificación do díxito correspondente.
-
Número particular de cada aparato.
-
Terminal telefónica portátil que usa redes dixitais ou analóxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imaxe que pode ser enviada por medio de ondas radioeléctricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototelegrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototelégrafo.