"Tabares" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Sacerdote xesuíta e escritor. Estudiou humanidades en Salamanca, filosofía na Universidad de Comillas, teoloxía no Alma College de San Francisco, e psicoloxía na Universidad de Los Angeles e na University of New York. Fundador do movemento da Juventud Cristiana (JOC) en San Juan de Puerto Rico, é autor de diversas obras sobre mística cristiá, fenomenoloxía paranormal e seres e fenómenos extraterrestres, como Mi Iglesia duerme (1968), que lle valeu a expulsión da orde xesuíta; Por qué agoniza el cristianismo? (1983), Defendámonos de los dioses! (1984), El cristianismo, un mito más (1986?), La granja humana (1990) e, en galego, Un galego chamado Cristóbal Colón, redescobridor de América (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha estrela de goles, de oito raios. Outro trae, en campo de ouro, cinco estrelas de goles, de seis raios. Outro, en campo de ouro, cinco estrelas de seis puntas, de goles; bordo de prata, cargado de catro chaves de azul, colocadas unha en xefe, outra en punta, e unha en cada flanco, que alternan con catro rosas heráldicas de goles, unha en cada cantón. Outro, en campo de ouro, cinco estrelas de goles, de seis raios, colocadas en aspa, acompañadas de catro chaves de azul colocadas que alternan coas estrelas, unha en xefe, outra na punta e unha en cada flanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. Graduado na Universidad de Ávila, obtivo en 1682 a cátedra de Prima da Universidade de Santiago de Compostela, á que renunciou en 1692 ao ser reitor do colexio de Santiago, cualificador do Santo Oficio e predicador do rei. En 1694 trasladouse a Ávila como prior e en 1696 ao convento da Pasión, en Madrid. Foi vigairo provincial do Reino de Galicia e, en Valladolid, reitor do colexio de San Gregorio e catedrático auxiliar da universidade. Pouco antes da súa morte foi proposto para bispo de Puerto Rico.
VER O DETALLE DO TERMO