"Tantra" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Escolma antiga de contos da literatura sánscrita (200?), de autor descoñecido. As narracións, en forma de fábula, onde os vicios adoitan tomar forma de animal, rematan a miúdo cunha estrofa gnómica ou aforismo. Estes setenta contos foron concibidos como parte da instrución dos mozos da realeza e constituíron o libro doutrinal do sabio Vichnucharman. Adaptada ao persa (s VI) e traducida ao árabe (750), foi unha das recompilacións fabulísticas de referencia na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das numerosas escrituras anónimas, de natureza mística, que recollen as ensinanzas do tantrismo. Consisten xeralmente nunha serie de comentarios que forman un ciclo de prácticas centrado ao redor dunha determinade deidade tántrica, da que toman o nome. Os Tantra budistas clasifícanse xeralmante en catro categorías: kriyā (acción ritual), caryā (conduta), ioga (prácticas psicofísicas) e anuttarayoga (ioga superior).

    VER O DETALLE DO TERMO