"Tartu" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Tartu, Estonia, situada na ribeira do Ema (101.204 h [2001]). Fundada no s XI por Jaroslav de Novgorod, permaneceu en poder da orde dos Teutóns entre 1224 e 1258. Pasou alternativamente a mans de Polonia e Suecia, ata que, en 1704, baixo Pedro I o Grande, pasou a Rusia. Ata 1917 denominouse Jur’ev. En 1920 asinouse nela o Tratado de Tartu , que recoñecía a independencia de Estonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Estonia (3.090 km2; 149.519 h [estim 2001]). A súa capital é Tartu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipocresía propia do tartufo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo que agocha hipocresía, especialmente no aspecto relixioso, baixo unha honestidade aparente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comedia de Molière, estreada en 1664. Tartufo representa a hipocrisía e a falsa devoción. Tenta seducir a muller do seu protector e, descuberto, acentuará a súa maldade por medio do terror. Como personaxe, Tartufo é, posiblemente, a creación máis aguda e complexa da tipoloxía de Molière.