"Tatiana" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • (Moscova 1939) Poetisa rusa. É autora de diversas coleccións de poemas, como Golos (Voz, 1970), Slog (Sílaba, 1973), Dve zari (Dúas mañás, 1978), Ten jabloni (A sombra da maceira, 1979) e Huso (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Explorou o plano como espazo ideal da ilusión, reforzando a estrutura xeométrica e usando o gravado calcográfico. Analizou a xeometría visual do espazo ao fragmentar as estruturas nunha ortogonalidade suxerida, máis ca presente, e creou mundos de arquitecturas insinuadas e puramente lineais onde case non empregou a curva. Da súa produción destaca a serie Cadrados (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que se introduciu a través do influxo da novela en verso Jevgenij Onegin (1825-1832) de A. S. Puškin, polo nome da protagonista. Procede do latín Tatiana, forma feminina de Tatianus, derivado de Tatius, de orixe sabina, posiblemente relacionado con formas infantís de chamar polo pai. Presenta a variante Tania.

    VER O DETALLE DO TERMO