Edificio situado na Coruña. A súa construción (s XIX) amosa un estilo ecléctico. Inicialmente recibiu o nome de Teatro Principal, pero despois dun incendio (1867), foi reconstruído por Faustino Domínguez Coumes-Gaye, desde 1909 recibiu o nome actual. Desde entón sufriu varias modificacións no que respecta á decoración, iluminación e estrutura do interior, en especial a adaptación realizada en 1910 para proxeccións cinematográficas.
Teatro situado en Vigo. Proxectado por A. Rodríguez Sesmero, inaugurouse en 1900. Da decoración interior encargouse o escenógrafo Arturo D’Almonte e as esculturas realizounas M. Gómez Román. En 1904 adquiriuno J. García Barbón e desapareceu en 1910 por mor dun incendio. No seu terreo edificouse o Teatro García Barbón.