"Teherán" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CAPITAIS

    Capital de Irán e do ostān homónimo (6.758.845 h [1996]). Situada no altiplano iraniano, é unha encrucillada de comunicacións entre o Mediterráneo e Oriente. Ten industria téxtil (la e algodón), tabaco, montaxe de automóbiles, cemento, vidro, coiro e calzado e unha gran refinaría de petróleo. É o centro económico e cultural do país. A primeira noticia que aparece no Fars-Namí (s XII), fala dun arrabalde de al-Ravy (Rages). En 1220, coa caída das cidades veciñas a mans dos mongois comezou unha existencia autónoma. A época de gran desenvolvemento iniciouse durante a dinastía safávida e quedou consolidada ao ser constituída como capital de Persia polo qajarita Ā ḡ ā Mu ḥ ammad Khan en 1786. Destacan a mesquita Sipāhsalār (s XIX) e o palacio real de Gulistan, coñecido como trono dos pavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (19.196 km2; 11.450.574 h [estim 2001]). A súa capital é Teherán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión celebrada en Teherán, do 28 de novembro ao 1 de decembro de 1943, entre os representantes dos países aliados (Churchill, Stalin e F. D. Roosevelt) durante a Segunda Guerra Mundial. Nela decidiuse para 1944 o Desembarco de Normandie e outro posterior no Mediterráneo. Tamén se iniciaron os preparativos para a ocupación e desintegración de Alemaña e o establecemento das fronteiras polacas. Abordouse a organización da futura ONU e a proposición de Roosevelt de confiar os papeis de policía internacional aos países reunidos e a China. Stalin confirmou a súa intención de unirse ao ataque a Xapón, despois de que Alemaña resultase vencida. Por último, garantizouse a independencia de Irán despois da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO