"Telesforo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Antropólogo e naturalista vasco, doutor en Farmacia e Ciencias Naturais. Os seus estudios antropolóxicos son interesantes polo enfoque biométrico e a metodoloxía científica que aplican. Escribiu: El pueblo Euskalduna (1891), Etnología (1899) e Problemas de la etnografía de los vascos (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Membro do Partido Nacionalista Vasco, o que presidiu en 1933. Ao estoupar a Guerra Civil Española (1936-1939) foi ministro da Gobernación do goberno vasco. Formou parte do goberno vasco no exilio ata 1952. En 1977 volveu clandestinamente a Euskadi e en 1979 foi elixido deputado pola coalición Herri Batasuna.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, xurista e xornalista. Militou e desempeñou altos cargos na dirección da Juventud Federalista, rama xuvenil do Partido Republicano Federal. Foi inspirador e redactor do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, así como un gran defensor do federalismo galego. Dirixiu o diario La República (1884-1885) e defendeu a democracia republicana e o federalismo autonomista como forma de estado. Escribiu Los derechos individuales son legislables? e El Parlamentarismo (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do nome grego Telesphoron ‘que acada o fin’ ou ‘que leva a cabo’. Como epíteto de Zeus tamén significou ‘eficaz’ e ‘decisivo’.
-
PERSOEIRO
Mártir e papa (125-136). Introduciu na misa diversas oracións e o himno Gloria in Excelsis Deo. A Igrexa Romana celebra a súa festividade o 5 de xaneiro e a grega o 22 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO