"Tenerife" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife e capital da illa de Tenerife, Canarias (188.477 h [2001]). É un importante centro turístico. Ten refinaría de petróleo e industria alimentaria, química, de materiais para a construción e tabaco. Fundouse no s XV como porto de La Laguna. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Concepción, San Francisco e El Pilar e o palacio de Cartas (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Canarias, integrada por 53 municipios distribuídos nas illas de El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife (3.208 km2; 806.801 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de Tenerife. Está composta por illas de orixe volcánico que acadan altitudes superiores aos 3.000 m e culminan no Teide a 3.718 m de altitude. O clima, condicionado polo relevo e os ventos alisios, é de tipo oceánico. Posúe un hábitat disperso onde destacan núcleos como Santa Cruz de Tenerife, La Laguna e Puerto de la Cruz. A súa economía baséase nas actividades agropecuarias, na pesca e principalmente no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, a máis grande do arquipélago, que abrangue 30 municipios (679.899 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de Tenerife. Destacan o macizo volcánico do Teide, que culmina a 3.718 m, e a cordilleira Dorsal, que ocupa a parte central da illa e a divide en dúas partes. Posúe agricultura de regadío e pesca. O val de La Orotava destaca pola súa beleza paisaxística.

    VER O DETALLE DO TERMO