"Teodora" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. Xustiniano I, cando aínda non era emperador, namorouse dela e converteuna na súa amante ata que casaron e, en 527, ao converterse en emperador, fixo que a coroasen emperatriz. Dona dunha gran firmeza, impediu que Xustiniano cedese e abdicase ante a revolta da Nika en 532, e enviou o xeneral Belisario a sufocala. Favorable aos monofisitas, conseguiu que as sedes patriarcais fosen ocupadas por estes e que en Roma fose elixido papa Vixilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente, muller do Emperador Teófilo. Á morte deste exerceu a rexencia (842-856) en nome do seu fillo Miguel III. Contra a derradeira vontade do seu marido, iconoclasta, favoreceu abertamente a ortodoxia: perseguiu os paulicianos e convocou un sínodo en marzo de 843, que restableceu o culto das iconas. Durante o seu goberno, o Islam tomou Sicilia a Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente (1028 e 1042-1056), filla pequena de Constantino VIII. Á morte do seu pai foi asociada ao trono coa súa irmá Zoé. Desamigada con esta e co seu marido, Román III, foi pechada nun mosteiro. En 1042, á caída do Emperador Miguel V, foi chamada polo Senado a compartir o trono con Zoé, que casou entón con Constantino IX e a deixou nun segundo plano. Non gobernou plenamente ata despois da morte de Zoé (1050) e de Constantino IX (1055).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Theódoros a través do latín Theodorus, de theós ‘Deus’ e dôron ‘don’, co significado de ‘don de Deus’. Era nome frecuente entre os gregos, que, sendo politeístas, podían especificar de que deus era agasallo o fillo. Entre cristiáns monoteístas só perviviu nos primeiros séculos. Presenta os hipocorísticos Doro/Dora.

    VER O DETALLE DO TERMO