"Teodorico I" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Rei dos visigodos (419-451), neto de Alarico I. Sucedeu a Valia. Rompeu o pacto que o ligaba a Roma polo que lle era recoñecido o goberno de Aquitania, e asediou, sen éxito, Arlés (425) e Narbona (436), vilas que defendeu o xeneral Aecio. Venceu, non obstante, en Tolouse. Casou unha filla súa con Humerico, fillo e herdeiro do rei dos vándalos Xenserico, e, en 449, outra co rei dos suevos Requiario. Finalmente aliouse con Aecio contra Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia, con capital en Reims e Metz (511-534), fillo maior de Clodoveo I. En 507 loitou en Vouillé ao carón do seu pai e seguidamente someteu Albigés, Roergue e Alverina (507-508), que engadiu á súa parte da herdanza, que comprendía a rexión dos ripuarios, o val do Mosela, a futura Champagne, os francos da dereita do Rin e os alamanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 454? - 526) Rei dos ostrogodos (474-526), fillo e sucesor de Teodomiro. En 462 foi enviado como refén a Constantinopla, e, en 488, o Emperador Zenón enviouno contra Odoacro. Invadiu Italia e, en 494, despois de ocupar Ravenna, considerouse rei dos ostrogodos e dos romanos, e foi recoñecido como tal polo Imperio de Oriente en 498. En 511 asumiu a rexencia da monarquía visigoda como titor do seu neto Amalarico, e conseguiu facerlle superar a crise sufrida pola derrota e a morte de Alarico II e a intromisión de Xesaleico. Gobernou con prudencia e embeleceu Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (453-466), fillo de Teodorico I. Irmán e sucesor de Turismundo, participou no asasinato deste. Renovou o pacto federal cos romanos e por encargo deles actuou contra a Tarraconense (454) e contra os suevos (456). Posteriormente loitou contra os romanos, sitiou Arlés, ocupou Narbona (462) e incorporou aos seus dominios a Galia narbonesa. Foi asasinado polo seu irmán e sucesor Eurico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Borgoña (595?-613) e de Austrasia (612-613), fillo de Khildeberto II, sucedeu a este en Borgoña. Estableceuse en Orléans e comezou a reinar baixo a titoría da súa avoa Bruniquilda, que residía en Metz co seu irmán maior Teodoberto II de Austrasia. En 610 tentou invadir Alsacia e tivo fortes loitas co seu irmán Teodeberto II, que venceu en Toul en 612 e así se coroou rei de Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO