"Teseo" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Heroe mítico grego, fillo de Exeo e de Etra. En Atenas enfrontouse ao touro enviado por Posidón para devastar os campos. Despois de vencelo, encamiñouse a Creta e matou o minotauro, que fora recluído nun labirinto por Minos e do que Teseo conseguiu saír seguindo un fío que lle dera Ariadna. Por orde de Dióniso abandonou a Ariadna na illa de Naxos e marchou a Atenas, pero esqueceu cambiar as velas negras por outras brancas -sinal acordada para indicar ao seu pai o éxito da empresa- o que provocou o suicidio de Exeo. Rei de Atenas, organizou as doce cidades de Ática. Acompañou a Heracles na guerra contra as amazonas e casou coa súa raíña Hipólita, da que tivo un fillo, Hipólito. Participou na loita contra os centauros, no rapto de Helena e no descenso ao reino de Hades para liberar a Perséfone. De volta a Atenas, foi perseguido por Menesteo, pretendente ao trono, e fuxiu a Esciros, onde o Rei Licomedes o lanzou desde un precipicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo situado en Atenas. Aínda que a maioría de estatuas coa que estaba decorado representaban as xestas de Teseo, en realidade é un templo dedicado a Hefesto. Construído cara ao 444 a C, é un edificio períptero e de forma rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO