"Tetuán" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Tetuán, Marrocos, (277.516 h [estim 1994]). Situada na chaira litoral e ao pé da cordilleira do Rif, ten industrias de fertilizantes, téxtiles, alimentarias e de tabaco. Islamizada no s VIII por Mūsà ibn Nu ṣ ayr, ao final do s IX foi destruída. Baixo o imperio benimerín de Granada converteuse en foco de pirataría, ata que, en 1401 Enrique III de Castela a destruíu. Reconstruída novamente a finais do s XV, foi un centro importante da emigración peninsular desde 1492. O intento de anexión por parte do goberno español, baixo o mando de O’Donnell en 1860, non se acadou ata 1913. A cidade converteuse en capital do protectorado español de Marrocos ata a independencia, en 1956. A súa medina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (6.025 km2; 537.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tetuán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate disputado preto de Tetuán o 4 de febreiro de 1860 entre o exército expedicionario español, comandado polo xeneral Leopoldo O’Donnell, e as tropas marroquís, durante a Guerra de África. A vitoria española permitiu a ocupación da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo O’Donnell Jorrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tetuán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tetuán.

    VER O DETALLE DO TERMO