"Thorn" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
CUMIOS
Cumio do macizo do Monte Rosa, límite entre Suíza e Italia. Alcanza unha altitude de 4.160 m. Maynard escalouno por primeira vez en 1813.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Foi un dos cultivadores máis destacados da novela negra nos EE UU e nos seus relatos describe a corrupción da sociedade americana. Comezou a súa traxectoria literaria en 1939 coa novela The Big Sleep (O gran soño). Posteriormente publicou The Lady in the Lake (A muller no lago, 1943) e The Long Goodbye (O longo adeus, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador. Discípulo de R. Peake e de J. Payne, loitou en favor da monarquía e tivo que exiliarse a Francia, onde traballou con R. Nanteuil. En 1650 estableceuse en Londres e especializouse no gravado de retratos, aínda que tamén gravou os seus debuxos tomados do natural e obras doutros pintores. Foi autor de The art of graving and etching (A arte do gravado e a augaforte, 1662). O seu fillo, William Faithorne o Novo (Londres 1656-1710), foi tamén gravador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PICOS
Pico das montañas de Silvretta, nos Alpes Réticos, na fronteira austro-suíza (3.399 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista inglés. Formado no Royal Manchester College of Music (1926-1930), ampliou estudos de piano en Berlín. Das súas composicións, de estilo neoclásico, destacan tres sinfonías e o Concert for 10 Instruments (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e músico de jazz. Coñecido como Sam Rivers, o seu estilo constitúe unha síntese de elementos tradicionais e o free-jazz. Colaborou con Miles Davis en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raza bovina de carne orixinaria da conca do río Tees, no NL de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán da cidade polaca de Toruń.
-
PERSOEIRO
Político. Presidente do partido democrático en 1961, ocupou diversos ministerios e foi a un tempo primeiro ministro e ministro de Estado (1974-1979). Presidiu a Internacional Liberal (1970-1982), a Federación de Partidos Liberais e Democráticos da Comunidade Europea (1976-1980), a Comisión das Comunidades Europeas (1981-1984) e o Movemento Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo estadounidense. É coñecido polos seus estudos de psicoloxía animal no laboratorio, pola creación das ‘caixas de problemas’ e dos ‘labirintos’ e por diversas teorías sobre a aprendizaxe. Das súas obras destacan The Fundamentals of Learnig (1932) e An Experimental Study of Rewards (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Estudou na School of the Art Institute de Chicago e foi profesora (1983-1988) e catedrática de Teatro e Belas Artes na University of Colorado. A súa obra, caracterizada pola riqueza de referentes culturais, está chea de imaxes evocadoras e referencias pitóricas desde o surrealimo á pintura romántica. Acadou sona internacional coas series fotográficas Explorations (1994), Egypt of the Mind (1998) e Orphans (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Presidente da comisión de climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), estruturou unha clasificación dos climas e interesouse pola evapotranspiración das plantas para delimitar as achegas de auga necesarias do solo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra reflicte a vida cotiá. Destacou como dramaturgo con obras como Our Town (1938) e The Skin of Our Teeth (1942). Destacan as novelas The Cabala (1926), The Bridge of San Luis Rey (1927), The Eighth Day (1967) e Theofilus North (1972).
VER O DETALLE DO TERMO