"Tigris" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Dise dos dispositivos ou procedementos empregados na minería para evitar a inflamación do grisú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de esquío que se cría en Siberia e que é moi apreciado en peletaría.

    2. Pel deste animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga capital dos seléucidas, situada na confluencia do Tigris e da canle do Éufrates, a 70 Km de Babilonia. Fundada por Seleuco I (312 a C), foi un dos centros comerciais máis importantes do Oriente antigo. Foi destruída na expedición de Lucio Vero contra os partos (164), quen se estableceran na outra ribeira, na primitiva fortaleza de Ctesifonte, chamada tamén Seleucia-Ctesifonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Asia anterior de 1.950 km de lonxitude. Nace en Anatolia, nas vertentes do Tauro, e despois duns 400 km en territorio turco, forma fronteira entre Turquía e Siria e penetra en Iraq por unha vasta depresión. Baña Tikrīt e Sāmarrā’ e penetra na chaira de Mesopotamia. Augas abaixo de Bagdad, recibe o Diyālā procedente dos montes Zagros e únese ao Éufrates en Al-Qurna e forma o Shatt al-’Arab, que leva as augas de ambos os dous ríos ao Golfo Pérsico. O seu caudal é abundante (ten unha media de 1.240 m3/s), grazas aos numerosos tributarios que lle subministran as augas de Kurdistán e Zagros. O seu réxime caracterízase polas enchentes de primavera, a causa do desxeo, con forte estiaxe no verán. A súa importancia provén do aproveitamento para o regadío, que permite cultivos de trigo, cebada, leguminosas, dátiles e outras froitas. A partir do terceiro milenio a C os asirios fundaron na súa ribeira cidades importantes (Assur, Nínive e Nimrud) e construíron...

    VER O DETALLE DO TERMO