"Tiso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 39.

  • Calidade de altisonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que soa alto.

    2. Marcado pola énfase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario á orde social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto do ceo oposto ao Sol verbo do observador. É o centro dalgúns arcos luminosos que se producen ao ser iluminadas as pingas de auga en suspensión na atmosfera polos raios solares ( arco da vella).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antisol.

    2. Produtos utilizados para evitar o eritema producido por unha excesiva exposición da pel á radiación solar. Os aceites, cremas e locións antisolares, que aceleran o bronceado sen queimaduras, conteñen absorbentes dos raios ultravioletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soro que contén anticorpos específicos, obtidos do sangue dun animal que recibiu repetidas doses dun determinado antíxeno. Os antisoros empréganse para poñer de manifesto e valorar cuantitativamente estes mesmos antíxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes, estudiou na Académia de Belles Arts de San Carles de València. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e subdirector xeral de Promoción e Difusión Cultural da consellería de Educación e Cultura. A súa pintura caracterízase polo xeometrismo e o colorido das composicións. Recibiu a Medalla de Prata da cátedra de Historia da Arte no seu cincuenta aniversario e unha mención na Trienal de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona glicocorticoide segregada pola codia suprarrenal de moitos mamíferos. Ten funcións antiinflamatorias e inmunosupresoras, e emprégase para o tratamento de enfermidades inmunolóxicas, asma, insuficiencia corticoadrenal, cadros alérxicos e enfermidades neoplásticas. A súa concentración no sangue vén regulada polo hipotálamo e a hipófise mediante un sistema que inclúe a hormona adrenocorticotrópica. Utilizado en grandes doses e durante períodos prolongados pode causar retención de sales, acumulación de auga nos tecidos, descalcificación ósea e algún outro efecto secundario, coñecidos en conxunto como síndrome de Cushing. Tamén se coñece co nome de hidrocortisona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona glicocorticoide segregada pola codia suprarrenal. Presenta unha función e uns efectos semellantes aos do cortisol. De feito, só amosa a súa actividade cando, no fígado, se converte nese composto. En terapéutica substitúese a miúdo por esteroides sintéticos por mor dos seus numerosos efectos secundarios indesexables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Investigador. Funcionario do concello de Tui, formou parte do equipo arqueolóxico do Baixo Miño, participou nas escavacións da vila romana e a necrópole de Currás, e foi un dos creadores do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Colaborador do Faro de Vigo e da Hoja del Lunes, das súas obras destacan Obispos de Tuy del siglo XVIII. Apuntes heráldicos (1975), Villa romana y necrópolis germánica de Currás (1980) e Los obispos de Tui y sus armas. Heráldica eclesiástica (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Seguidor do realismo social, os seus poemas foron musicados, entre outros, por Joan Manuel Serrat, Rosa León e Amancio Prada. Publicou, entre outras obras, El retorno (1955), Salmos al viento (1958), Claridad (1960), Algo sucede (1968), Bajo tolerancia (1973), Taller de Arquitectura (1977), Del tiempo y del olvido (1977), Palabras para Julia y otras canciones (1979), Los pasos del cazador (1980), Final de un adiós (1984), La noche le es propicia (Premio de la Crítica 1993), Elegías a Julia Gay (1993) e Cuadernos de El Escorial (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Seguidor do realismo social, publicou, entre outras obras, Juegos de manos (1954), Duelo en el paraíso (1955), La resaca (1958), Campos de Níjar (1960), Señas de identidad (1966), Reivindicación del Conde don Julián (1970), Juan sin tierra (1975), Makbara (1980), Paisajes después de la batalla (1982), Coto vedado (1985), Las virtudes del pájaro solitario (1988), La cuarentena (1991), La saga de los Marx (1993), De la Ceca a la Meca (1997), Cogitus interruptus (1999), Carajicomedia (2000) e Pájaro que ensucia su propio nido (2001). Entre outros galardóns recibiu o Premio Europalia (1985), o Premio Nelly Sachs (1993) e o Premio Octavio Paz (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Las afueras (Premio Biblioteca Breve 1958), Las mismas palabras (1962), Ojos, círculos, búhos (1970), Devoraciones (1976), Estela del fuego que se aleja (1984), Investigaciones y conjeturas de Claudio Mendoza (1985), Estatua con palomas (Premio Nacional de Literatura 1993), Mzungo (1996), Placer licuante (1997), Escalera hacia el cielo (1999) e Diario de 360° (2000).­

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e historiador, irmán de Manuel Martínez Santiso. Dedicouse á arqueoloxía, á pintura, á caligrafía e ao xornalismo. Colaborou nos xornais locais El Anunciador, El Brigantino, Las Mariñas, El Mandeo e Betanzos Liberal. Escribiu unha continuación da Historia de la ciudad de Betanzos do seu irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, irmán de Francisco Xavier Martínez Santiso. Foi maxistrado e escribiu o primeiro tomo da Historia de la ciudad de Betanzos (1892), deixando inédito o segundo, Descripción de la ciudad y sus monumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Estudiou no Instituto de Tecnoloxía de California e na Universidade de Princeton, onde se doctorou en 1932. Traballou na Universidade de California e dirixiu o Laboratorio de Radiación Lawrence. Descubriu os elementos transuránicos neptunio (Np) e plutonio (Pu), inventou o sincrociclotrón e contribuíu ás investigacións sobre enerxía nuclear. En 1951 recibiu, xunto con Glenn T. Seaborg, o premio Nobel de Química polo descubrimento dos transuránidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi correspondente de A Nosa Terra. Ordenouse sacerdote (1963) e foi un dos fundadores da editorial Alvarellos e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Publicou Os mil e un refráns galegos da muller (1973), Os mil e un refráns galegos do home (1977) e Crónicas (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade ideal en que todos os membros son iguais en categoría e posición social.

    VER O DETALLE DO TERMO