"Togliatti" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tol’atti.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Foi un dos fundadores do Partito Comunista Italiano no congreso de Liorna (1912). Perseguido polo fascismo, refuxiouse en Francia e tomou a dirección do partido, do que foi secretario xeral (1927). No sétimo congreso da Terceira Internacional (1935), puxo, con G. Dimitrov, as bases da política de unidade antifascista que tiña que concentrarse nas frontes populares. En abril de 1944 volveu a Italia, onde foi posible a formación do primeiro goberno democrático, presidido por Badoglio, no que foi ministro sen carteira e participou tamén nos sucesivos gobernos provisionais, ata que os comunistas foron eliminados do poder (maio de 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Samara, Rusia (712.000 h [1997]). Ten industrias químicas (caucho sintético), metalúrxicas e mecánicas. Foi un dos centros de fabricación de automóbiles.
VER O DETALLE DO TERMO