"Togo" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

    1. Facultade mediante a que un país constituído en estado soberano pode decidir por el mesmo o seu status político, económico, social e cultural. Esta facultade chámase tamén autodeterminación, e constitúe o aspecto interno da independencia política; no plano das relacións internacionais está recoñecida a través do principio de non-intervención.

    2. Situación dunha entidade política que mantén un vínculo directo respecto doutro estado -normalmente en defensa e relacións exteriores-, pero que goza de soberanía plena, ou case plena, no que se refire á organización política, económica, social, cultural e á administración interior. A miúdo é a fase de transición dunha colonia cara á plena independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula do aparato reprodutor masculino de que derivan, por meioses e mitoses sucesivas, os espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo vectorial de dimensión finita n e dotado dun produto interno <,>, proceso que permite obter unha base ortogonal {w1,...,wn} a partir dunha base calquera {v1,...,vn} do espacio. O proceso que determina esta base denomínase ortonormalización de Gram-Schmidt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Čel’abinsk, Rusia, situada á beira do río Ural (424.000 h [1997]). É un dos centros metalúrxicos máis importantes de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da orixe dos mitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao octógono.

    2. Que ten oito ángulos e oito lados.

    3. Que ten como base un octógono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polígono de oito ángulos e, polo tanto, de oito lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que forma ángulos rectos.

      2. perpendicular.

      1. Nun espazo vectorial que ten definido un produto interno ou escalar, aplícase aos vectores a e b o produto interno dos que é cero, é dicir, a · b = 0.

      2. Aplícase ao subconxunto de vectores dun espazo vectorial, cada un dos que é ortogonal aos outros vectores do subconxunto.

      3. Aplícase aos subconxuntos A e B dun espazo vectorial, cando cada vector de A é ortogonal a todos os vectores de B. Se A é ortogonal a B, denótase por A}B.

      4. Aplícase á matriz cadrada invertible cuxa trasposta é igual á súa inversa.

    1. Nun espazo de funcións que ten definido un produto escalar, aplícase ás funcións f(x) e g(x) cando o produto escalar entre eles é cero, é dicir, f(x) · g(x) = ∫ ∞ -∞  f(x)g(x)dx = 0.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ortogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo vectorial, de dimensión finita e dotado dun produto interno, proceso que permite determinar unha base ortogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao protogótico.

    2. Estilo arquitectónico desenvolvido entre o románico e o gótico (finais s XII-comezos s XIII). Supuxo a introdución do arco apuntado, a progresiva desaparición de iconografía románica e un incremento do naturalismo e a humanización nas composicións. En Francia destacan a abadía de Saint-Denis, as catedrais de Sens e Chartres e o inicio de Notre-Dame de París. Na Península Iberica desenvolveuse coa obra do Mestre Mateo, que empregou bóvedas de cruzaría no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e coa arquitectura cisterciense, caracterizada pola austeridade construtiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e político, I marqués de Molíns, vizconde de Rocamora e Grande de España. En 1836 deuse a coñecer como dramaturgo con Dona María de Molina (1836). Foi director da Real Academia Española desde 1865, membro do Partido Moderado, ministro de Comercio, Instrución e Obras Públicas (1847), de Mariña (1847-1849, 1849-1851, 1874-1875), de Estado (1879) e deputado polo distrito de Ferrol (1850-1851 e 1853-1854) e por outros distritos e provincias españolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, III marqués de Molíns, I marqués de Rocamora, III vizconde de Rocamora, fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco. Pertenceu ao corpo diplomático e careceu de distrito electoral propio polo que representou a diversas provincias. En Galicia foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en dúas ocasións entre 1905 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental que constitúe unha franxa estreita que baixa perpendicularmente ao golfo de Guinea, entre Benin ao L, Ghana ao O e Burkina Faso ao N (56.785 km2; 4.796.000 h [estim 2001]). A capital é Lomé.
    Xeografía

    Xeografía física
    Pódense distinguir seis rexións xeográficas: unha faixa costeira baixa e areosa que forma unha chaira lixeiramente ondulada de altitude variable; un altiplano cristalino; as montañas, que atravesan o país en dirección SO-NL e culminan a 1.200 m, aínda que a altitude media é de 600 m; a chaira do río Oti e a chaira do NO. Climaticamente está dividido en dúas rexións: ao S o clima é ecuatorial, cálido e húmido, con temperaturas constantes e dúas estacións de chuvias; no interior e ao N o clima é sudanés, cunha estación de chuvias irregulares e abundantes e unha longa estación seca, cando sopra o harmattan, vento sudanés continental, moi seco e cargado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante xaponés. Comandante da frota xaponesa, interveu na Guerra Ruso-xaponesa (1904-1905), onde dirixiu o bloqueo de Port Arthur e derrotou a frota rusa na Batalla de Tsushima, que precipitou a fin da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Togo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Togo.

    VER O DETALLE DO TERMO