"Torbeo" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribas de Sil baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ribas de Sil. Realizada en estilo románico (ss XII-XIII), ten unha soa nave de planta rectangular e ábsida de tramo recto cuberto con bóveda de cruzaría. Ten situadas nos costados da nave, entre o arco triunfal e as portas laterais, dúas capelas con bóveda de canón do s XVIII. Os muros son de cantaría granítica e leva cuberta de lousa a dúas augas. Destaca especialmente a fachada principal, con tres arquivoltas na portada e un ollo de boi ornamentado, e a sancristía, engadida durante o s XVIII e anexada ao tramo recto do presbiterio. Os retablos do interior foron destruídos durante un incendio en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO