"Torrens" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Escritor, tradutor e crítico literario. Moi influído por Vicente Aleixandre e Octavio Paz, na súa obra mestúranse a tradición medieval co simbolismo, possimbolismo e as vangardas. Da súa produción destacan Arde el mar (Premio Nacional de Poesía 1966), Els miralls (1970), L’espai desert (Premi Lletre d’Or 1977), Fortuny (Premi Ramon Llull 1983), El vendaval (Premio Nacional de Poesía 1989), Lecturas de Octavio Paz (Premio Anagrama 1980), La llum (1991), Marea solar, marea lunar (2000) e El diamant dins l’aigua (2001). Membro da Real Academia Española (1985) e da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona (1998), recibiu o Premio Nacional de Literatura Catalana (1997), o Premio Nacional de las Letras Españolas (1998), a Creu de Sant Jordi (1988) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do S de Australia, situado ao pé dos montes Flinders, a 50 km do golfo de Spencer, ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que é coñecido a Royal Property Act, aprobada polo parlamento australiano en 1958. Tiña como obxectivo o establecemento dun rexistro público ou catastro da propiedade, para así amplificar as modalidades de acceso á propiedade e venda de terras e eliminar as imperfeccións dos certificados de propiedade.
-
PERSOEIRO
Economista, militar e político irlandés. Pertencente á escola clásica, elaborou unha doutrina do comercio internacional baseada nos custos comparativos (1815), precedente inmediato da teoría de David Ricardo, así como unha teoría do valor-traballo e dos rendementos marxinais decrecentes. Publicou Essay on the External Corn Trade (1815), An Essay on the Prodution of Wealth (1821) e The Principles and Practical Operations of Sir R. Peel’s Act of 1844 Explained and Defended (1848).
VER O DETALLE DO TERMO