"Tosca" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Marqués da Toscana (847-889). Atacou Roma para impoñer como Emperador a Carlomagno. Opúxose ao Papa Xoán VIII, quen excomungou a Adalberto, porque favorecía a Carlos o Careco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marquesa de Toscana. Era filla de Lotario II de Lorena. Casada con Adalberto II, marqués de Toscana. Berenguel I, Rei de Italia e Emperador de Occidente, apresouna, pero houbo de ceibala ao sublevarse a Toscana en apoio dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Florencia (1537-1574) e gran duque de Toscana (1569-1574). Fillo de Giovanni Medici, chamado dalle Bande Nere (das Bandas Negras), e membro dunha rama colateral dos Medici. Despois do asasinato do duque de Florencia Alexandre I (1537), foi nomeado xefe da República e gobernou contando coa axuda da asemblea, do consello e do senado. Fracasou no intento de apoderarse de Lucca e do Piombino, pero no 1555, despois dun longo asedio, ocupou e anexionou a República de Siena. Estableceu un eficaz aparato de goberno sobre Toscana, centralizou todos os servicios públicos no edificio dos Uffizi e emprendeu melloras agrarias e navais. Mantivo as súas alianzas co Emperador Carlos V e co seu fillo Filipe II, aínda que tamén mantivo boas relacións cos franceses e co papado, que recaía noutro Medici, Paulo III. Exerceu o mecenado sobre un notable conxunto de artistas, como Bertomeu Ammannati, Pontorno e Bronzino, e favoreceu os estudios ling|üísticos co establecemento da Academia de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1609-1621), fillo de Fernando I de Medici. Tentou manter o equilibrio entre España e Francia, colaborando nas negociacións entre ambos os dous países que culminaron nos matrimonios entre Filipe IV e Isabel de Francia (1616). A súa flota enfrontouse con éxito aos turcos no Mediterráneo e mantivo relacións comerciais co emir druso Fakhr ad-Din, co que conseguiu vantaxes comerciais no tráfico con Oriente. Continuou o labor dos seus devanceiros como mecenas de Matteo Nigetti e Pietro Tacca, e protexeu a Galileo. Abandonou definitivamente as actividades bancarias e comerciais dos Medici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1670-1723), fillo de Fernando II. O seu goberno caracterizouse pola vontade de manter a neutralidade nas guerras de Luís XIV e pola decadencia interna, debida á influencia da nobreza cortesá e do clero. Ao temer a extinción da liña masculina da dinastía, aboliu a bulla aurea para posibilitar a sucesión da súa filla Ana Luísa, aínda que a Cuádruple Alianza, formada por Francia, Inglaterra, Holanda e España, decidiu no Tratado de Londres (1718) que no caso de extinción da liña masculina, o Gran Ducado de Toscana, xunto con Parma e Piacenza, pasarían a mans do infante Carlos de Borbón (futuro Carlos III de Borbón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘catro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Toscana (1574-1587), fillo de Cosme I Medici. De nome Francesco Medici, gobernou coa axuda de G. B. Concini e B. Vinta e converteu o ducado fundado polo seu pai nun importante centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Toscana (1824-1848 e 1849-1859), fillo de Fernando III e neto do Emperador Leopoldo II. Soberano liberal, concedeulle unha constitución aos seus súbditos, pero en 1848 tivo que fuxir trala instauración dun goberno provisional republicano. Restablecido no poder coa axuda de Austria, foi expulsado definitivamente en 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de G. Pucini, en tres actos, con libreto de L. Illica e G. Giacosa, sobre o drama homónimo de V. Sardou, que se estreou en Roma en 1900. Obra destacada do verismo e moi popular, presenta o drama da cantante Floria Tosca, namorada do pintor Mario Cavaradossi, quen está encarcerado no castelo Sant’Angelo, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia peninsular, que se estende desde a vertente occidental dos Apeninos ata as costas do mar de Liguria e o Tirreno (22.997 km2; 3.460.835 h [2001]). A súa capital é Florencia. Formada pola alternancia de relevos montañosos, outeiros, concas internas e pequenas chairas, pódese distinguir o sector dos Apeninos toscano-emilianos, o sector subapenino, con relevos máis suaves e moderados, e dúas concas interiores, das que a máis importante é a de Florencia, regada polo Arno, río principal de Toscana. A costa está formada por amplas praias. Na conca de Florencia e na chaira litoral do Arno están as principais cidades: Livorno, Pisa e Florencia. Os cultivos máis importantes son os de cereais (millo, trigo e cebada), vide, oliveiras, hortalizas, patacas e remolacha. Dentro da actividade industrial destaca a produción de mercurio, o sector da metalurxia e a industria téxtil, da pel, a alimentaria e de artes gráficas. Os primeiros poboadores coñecidos desta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo, matemático, astrónomo e astrólogo italiano. Gozou dunha fama extraordinaria entre os seus contemporáneos. Case todas as súas obras sobre astronomía e matemáticas están perdidas. Dedicouse sobre todo á xeografía e á cosmografía, e renovou as ideas do seu tempo, como afirmar que a travesía do Atlántico era o camiño máis directo cara a Oriente. Confeccionou tamén un mapa do mundo coñecido no seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Toscana, aos seus habitantes e ás súas variedades lingüísticas.

    2. Natural ou habitante de Toscana.

    3. ariedade lingüística italorrománica que na súa modalidade florentina se converteu na base da lingua literaria italiana. Os seus trazos lingüísticos máis relevantes son: a formación do plural con i para o masculino e e para o feminino, en lugar de con -s; ningunha palabra remata en consoante e adaptan as estranxeiras (cognac > cognache); a presenza das consoantes longas xeminadas que se opoñen fonoloxicamente (FATUM > fato ‘fado’/ FACTUM > fatto ‘feito’); simplificación do grupo RJ latino: RJ > j (AREA > aia); o paso de LV > rb e RV > rb (NERVU > nerbo) e a aspiración das oclusivas intervocálicas C, P e T (K > kh, P > ph e T> th).

    4. Orde romana que se constituíu como unha simplificación da orde dórica. A base é ática, pero simplificada, e o fuste é liso e con éntase pronunciada. O capitel está formado por molduras e a columna ten en total sete diámetros de alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Grupo de illas do Mediterráneo, situadas entre Córsega e a costa de Toscana, Italia (300 km2). Comprende as illas de Elba, a principal, Gorgona, Capraia, Pianosa, Giglio, Montecristo e Giannutri.

    VER O DETALLE DO TERMO