"Toxa" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento vexetal de cor amarela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na illa da Toxa, parroquia e concello do Grove, as crónicas aluden ao seu uso en épocas anteriores. A súa utilización comezou a xeneralizarse tralo seu redescubrimento a principios do s XIX. En 1903 constituíuse a sociedade A Toxa S A que transformou o balneario nun destacado complexo turístico-termal que vén funcionando desde 1910.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento do grupo das xantofilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encher de toxos o curral, nas casas de labranza, ou os camiños de acceso, para evitar lameiros e facer esterco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que sente repugnancia ou noxo facilmente.
-
-
Causar a alguén noxo un alimento.
-
Sentir alguén noxo por un alimento.
-
Sentir alguén aversión por algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfamida que actúa impedindo a transformación do ácido p-aminobenzoico (PABA) en ácido fólico. A súa absorción por vía oral é rápida e a súa eliminación non é total ata despois de 72 horas. A importancia do sulfametoxazol está na combinación que forma co trimetoprim, que ten actividade contra bacterias Gram-positivas e Gram-negativas.
-
RIOS
Río da conca do Ulla, afluente do Deza pola esquerda. Nace na vertente setentrional da serra do Candán, na parroquia de Graba, concello de Silleda. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena as parroquias de Fiestras, Escuadro, Margaride, Rellas, Negreiros, Chapa, Breixa, Manduas, Ansemil, Martixe e Pazos, e pouco antes da súa desembocadura forma unha fervenza despois dun percorrido de 13 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa da beira meridional da ría de Arousa, situada no litoral oriental da parroquia e concello do Grove. Unida ao continente por unha ponte, é un destacado centro turístico, que conta entre os seus principais atractivos cun balneario de augas termais e un casino de xogo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre a ría de Arousa que une O Grove coa illa da Toxa. Construída no s XX, trátase dunha ponte de trinta e cinco vans construída seguindo a tipoloxía das pontes de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada na illa da Toxa (O Grove). Ten planta rectangular cunha soa nave. Presenta a particularidade de ter a fachada cuberta con cunchas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde abunda o toxo.