"Trianon" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dous pequenos palacios construídos nos xardíns de Versailles. Por encargo de Luís XIV, J. Hardouin-Mansart edificou Le Grand Trianon (1686-1687), composto por dous corpos que forman un hemiciclo e se unen por un perístilo; os xardíns son obra de J. Le Vau e A. Le Nôtre. Nun bosque próximo, A. J. Gabriel construíu, por orde de Luís XIV, Le Petit Trianon (1762-1766). Foi habitado por María Antonieta, que o fixo circundar por un xardín á inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paz asinada en Le Grand Trianon, o 4 de xuño de 1920, entre Hungría e os aliados ao final da Primeira Guerra Mundial. Hungría tivo que aceptar reducións no exército e foi obrigada a ceder Eslovaquia e Rutenia a Checoslovaquia, Transilvania e parte do Banato a Romanía, e Croacia, Eslavonia e o resto do Banato a Iugoslavia.