"Trigla" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos tríglidos ao que pertence o berete e o escacho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos tríglidos, que poden acadar os 50 cm de lonxitude -aínda que normalmente non sobrepasan os 30 cm-. O seu corpo é alongado, coa cabeza máis curta ca alta e fociño alongado, co perfil superior oblicuo e un pouco cóncavo. Está cuberto de escamas moi pequenas e cunha liña lateral formada tamén de escamas estreitas e alongadas. É de cor variable, xeralmente gris ou castaña clara no lombo, salteada con moitos puntos brancos. Os ollos son bastante grandes e limitan un espazo interorbitario aplanado ou un pouco cóncavo. O bordo anteroposterior da órbita é denticulado e as placas dérmicas soborbitarias teñen saíntes e estrías radiantes. Presentan unha crista escamosa na liña lateral formada por escamas con moitas puntas. As aletas pectorais son curtas e non chegan á orixe da aleta anal. A primeira aleta dorsal é triangular, a aleta anal un pouco máis curta ca a segunda dorsal e a caudal ampla. Amosan unha marca negra sobre o 3-5 raio da primeira aleta dorsal....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes perciformes, da familia dos tríglidos, que presenta o corpo cónico e fusiforme, con dúas aletas dorsais. En Galicia está presente a especie L. cavillone (tamén común no Mediterráneo), que ten unha leve depresión na rexión occipital, a cabeza con perfil truncado e uns 25 pares de espiñas na zona ventral, debaixo da aleta pectoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos tríglidos ao que pertence alfóndega.
-
MONTAÑA
Montaña dos Alpes Xulianos, situada en Eslovenia, preto da fronteira con Austria e con Italia. O seu cumio acada os 2.863 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO