"Trujillo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Finanzas (1986) e de Interior (1987), antes de converterse en presidente da República en 1990-1994. Tras abandonar a presidencia foi elixido secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao L da capital (9.219 h [2001]). É un centro agrícola, gandeiro e comercial. Corresponde á antiga Tragillium da Lusitania e o seu centro urbano foi declarado BIC en 1962. Destacan, entre outros monumentos, o castelo (BIC, 1925), a igrexa de Santa María la Mayor (BIC, 1943), o palacio de San Carlos (BIC, 1979) e a casa-palacio do Marqués de la Conquista (BIC, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de La Libertad, Perú, preto da desembocadura do Moche no Océano Pacífico (603.657 h [estim 1998]). A causa das dificultades para construír un porto, utilízase o de Salaverry para dar saída aos produtos procedentes do val de Santa Catalina. Fundada por Diego de Almagro (1534), desenvolveu unha grande actividade durante a época colonial. En 1820 foi sede da proclamación de independencia de Perú e alí residiu o goberno oposto a S. Bolívar (1823). Do seu patrimonio cultural destacan a catedral e a igrexa do antigo Hospital de Belén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela (7.400 km2; 992.669 h [2001]). A súa capital é Trujillo (50.399 h [2001]). A cordilleira de Mérida atravesa o estado de N a S e forma a divisoria de augas das concas do Orinoco e do lago Maracaibo. Destaca pola altenancia de vales moi ricos e montañas menos fértiles, chamadas páramos. O río máis importante é o Motatán, que desemboca no lago Maracaibo. O clima é tropical e o centro económico do estado é o val de Motatán. A súa riqueza baséase na agricultura e na gandaría e destaca a recolección de café, plátanos, cana de azucre e ananás. A capital, fundada por Diego García de Paredes (1557), deu nome ao estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Doutora en Dereito (1991), desde 1993 é profesora na Universidad de Extremadura. Foi conselleira do Consejo Económico y Social de Extremadura e conselleira da Presidencia (2000) e de Fomento (2003-2004) da Junta de Extremadura. En 2004 converteuse en ministra de Vivenda.

    VER O DETALLE DO TERMO