"Tsu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
CIDADES
Cidade da prefectura de Fukushima, na illa de Honshū, Xapón (119.289 h [estim 1991]). Antiga cidade-fortaleza, hoxe é un núcleo agrícola e comercial que mantén unha industria artesanal (lacas, sake, artigos de madeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras, Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada ao SL de Toquio, na confluencia do río Sagami e Nakatsu (208.627 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1996 pola fusión do Banco de Toquio (creado en 1980) e do Banco Mitsubishi (fundado en 1986).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esgrima, practicada no Xapón, con bastóns longos manexados coas dúas mans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sugimori Nobumori.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca xaponesa de automóbiles creada en 1914 en Yokohama. Pertencente á Nissan Motor Company, é unha das principais construtoras do mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multinacional xaponesa do sector das telecomunicacións con sede central en Toquio. En 1986 constituíse Fujitsu España SA, cunha importante participación de Telefónica.
-
CIDADES
Cidade do ken de Shiznoka, no litoral meridional da illa de Honshū, Xapón (568.796 h [1997]). É o principal núcleo da industria xaponesa de fabricación de instrumentos musicais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Kanagawa, situada na illa de Honshū, Xapón (254.207 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Saitama, situada na illa de Honshū, preto de Urawa (107.856 [1991])
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Loita propia de Xapón que se basea na arte de defenderse sen armas, usando os brazos e os pés. Caeu en decadencia no s XIX coa introdución doutros métodos de loita. A súa orixe remóntrase ao período comprendido entre os ss XIII e XIV. O primeiro estilo de jujutsu recoñecido foi o constituído por Takenouchie Hisamori en 1532, que consistía en técnicas de espada e tamén sen armas.
-
CIDADES
Cidade do ken de Niigata, na illa de Honshū, Xapón (130.107 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e dramaturgo xaponés. Considerado o iniciador do teatro Nō, ao que chegou a través dunha síntese de diversas tradicións escénicas entre as que están o sarugaku, o teatro dos samurais, a narración de baladas populares, os recitados e as danzas cantadas. O seu fillo Zeami Motokiyo desenvolveu plenamente o xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Ibaraki, na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do río Naka, ao NL de Mito (111.471 [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos escómbridos, ao que pertence o alistado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de empresas (industriais, comerciais e financeiras) que en Xapón, presentan unha estratexia común e están dirixidas centralmente. Internamente posúen uns servicios e xestións comúns, e externamente as súas accións, individuais ou conxuntas, apóianse no grupo (fusións, adquisicións, defensa contra intrusións, OPA, concurrencia).
-
CIDADES
Cidade do ken de Ishikawa, situada na illa de Honshū, Xapón (106.211 h [1991]). A súa económica baséase na industria de fibras sintéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico chinés. Nacionalizouse estadounidense e foi profesor nas universidades de Chicago, Berkeley e Columbia e no Institute for Advanced Study de Princenton, onde colaborou con Chen Ning Yang. Ámbos os dous físicos enunciaron en 1956 que o mesón ϕ e o ã eran unha mesma partícula, hipótese confirmada en 1957 por CH. S. Wu. En 1957 recibiu, xunto con Yang, o Premio Einstein e o Premio Nobel de Física, pola demostración de que a lei de conservación da paridade non é válida nas interaccións débiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do fu de Osaka, na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do río Yamato (135.811 h [1991]). Conserva a antiga tumba monumental de Otsuka. A urbanización da área de Osaka corverteuna nun suburbio residencial desta metrópole. Posúe industria de perlas artificiais, de artigos de marfil e de cornos de búfalo.
VER O DETALLE DO TERMO