"Tudela" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Xudeu navarro. Entre 1159 e 1173 fixo unha longa viaxe a Oriente, chegando a Bagdad. Froito desas viaxes escribiu o libro Massa’ot (Viaxes), escrito en hebreo, onde inclúe observacións sobre a cultura e a política dos países que visitou, atendendo sobre todo ao estado das comunidades xudías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia burguesa que exerceu o control sobre os territorios de Santiago de Compostela nos ss XIII-XIV. O primeiro membro coñecido da familia é o prestamista Pedro Martínez de Tudela (s XII). Martiño Pérez de Tudela, fillo do anterior e alcalde da cidade (1219-1237), relacionouse coas autoridades eclesiásticas e foi testemuña na firma de documentos importantes. Martiño Xulián de Tudela formou outra rama familiar e puido ser o representante da burguesía compostelá ante a Corte. Xulián Martínez de Tudela , fillo do anterior, foi cabaleiro e trobador.
-
PERSOEIRO
Alpinista. Emprendeu máis de 40 expedicións a distintas cordilleiras, protagonizou un ascenso en solitario ao Denali (1972) e ao Annapurna (1974), e escalou, entre outros, o Cotopaxi, diversos volcáns de México e o Kilimanjaro. Escribiu Mi lucha por la montaña (1972) e Cinco montañas solo: memorias de un explorador (2000). Recibiu tres medallas de ouro ao mérito na montaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Mariano Tudela, instalouse en Madrid (1956), onde foi asiduo colaborador de publicacións periódicas, guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Cultivou a novela con La linterna mágica (1948), Más que maduro (1956) e El aliento del diablo (1978); o conto con El hombre de las tres escopetas (1953); e a biografía con La Bella Otero (1957), Valle-Inclán, vida y milagros (1969) e La Galería Siniestra (1968-1972). Tamén elaborou as monografías de Azorín (1969), Camilo José Cela (1970) e Álvaro Cebreiro (1983), e outras obras como Vivir en La Coruña (1976) e Aquellas tertulias de Madrid (1984). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa situado na beira dereita do Ebro, na confluencia co Queiles (29.918 h [2001]). Ten industria conserveira e de pensos, celulosa e artes gráficas. De fundación romana (Tutela), foi un baluarte da fronteira superior de Al-Andalus durante os séculos de dominio árabe (ss VIII-XII). En 1476, foi escenario dunhas negociacións de paz entre Xoán II e o seu fillo o futuro Fernando o Católico para poñer fin ás loitas civís navarras. Tivo un mercado importante durante a Idade Media. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC en 1992 e nel destacan a colexiata de Santa María (BIC, 1884), a igrexa da Magdalena (BIC, 1984), os palacios do marqués de San Adrián (BIC, 1994) e do marqués de Huarte (BIC, 1989) e o castelo e o monte de Santa Bárbara (BIC, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado no val do Duero, ao SL da capital provincial (6.779 h [2001]). As súas principais actividades son a agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mariano Rodríguez Tudela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convenio de amizade asinado en Tudela de Duero (Valladolid), o 27 de agosto de 1506, entre Catarina I e Xoán II de Albret, reis de Navarra, e Filipe I de Castela, xenro de Fernando II de Aragón. Tiña como finalidade prestar apoio ao trono navarro a través da alianza coa casa de Austria, desamigada entón co rei aragonés, pero non puido evitar a incorporación do Reino de Navarra aos dominios deste en 1512.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado en Tudela (Nafarroa), en 1231, entre Sancho VII de Navarra e Xaime I de Aragón. O rei navarro, enfrontado con Fernando III de Castela, buscou a axuda aragonesa, a cambio da que recoñecía a Xaime I como herdeiro dos seus reinos. Pero ao morrer Sancho VII, o rei aragonés non fixo valer os seus dereitos e o sobriño do navarro, Teobaldo de Champagne, foi proclamado rei de Navarra (Teobaldo I, 1234).