"Turquía" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Asia e parte de Europa, terra de paso entre ambos os continentes, que engloba esencialmente a gran península de Anatolia, ou Asia Menor, unha gran parte de Armenia, unha pequena parte de Mesopotamia e unha fracción de Tracia, na parte europea. Limita ao N co Mar Negro, ao L con Xeorxia, Armenia e Irán, ao S con Iraq, Siria e o Mar Mediterráneo, e ao NO con Grecia e Bulgaria (779.452 km2; 66.921.000 h [estim 2001). Entre a Turquía Europea e a Asiática está o mar de Mármara, cos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos. A capital é Ankara.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
A estrutura de Anatolia é a dun altiplano manchado de concas lacustres e de volcáns. É unha rexión montañosa que esencialmente pertence ao sistema dobramento alpino, aínda que formando case unha penechaira e levantada en bloque por movementos de conxunto continuados. Xeoloxicamente atópanse rochas de case todas as idades. A... -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte asiática de Turquía, correspondente a Anatolia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte europea de Turquía, que se corresponde co extremo suroccidental de Tracia.