"Tyne" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • CIDADES

    Cidade do condado metropolitano de Tyne and Wear, Inglaterra, capital do condado de Northumberland (259.573 h [2001]). Antiga fortaleza romana e medieval á beira do esteiro do Tyne, grazas á proximidade dos depósitos de carbón converteuse nun importante centro industrial. Conserva algúns monumentos, como a catedral (s XIII) e a igrexa de Saint Andrew (ss XII-XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Cunha gran capacidade para a dramatización, posúe unha voz escura e ampla. En 1959 debutou no Covent Garden de Londres e en 1962 na Scala de Milán. Acadou sona internacional coa ópera Porgy and Bess (1952), de Gershwin, convertendose na primeira soprano afroamericana en triunfar nos escenarios operísticos de todo o mundo. Retirouse en 1990 no Metropolitan Opera de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do NL de Inglaterra formado preto de Hexham pola confluencia do South Tyne e do North Tyne, que nacen, respectivamente, ao pé de Cross Fell e do Cheviot Hills. Desemboca no mar do Norte, augas abaixo de Newcastle, tras 115 km de percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado metropolitano de Inglaterra, Reino Unido (540 km2; 1.075.938 h [2001]). A súa capital é Sunderland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Tyne and Wear, Inglaterra, Reino Unido (60.022 h [1981]). Situada no esteiro do Tyne, a 12 km ao L de Newcastle-upon-Tyne, é un importante porto do mar do Norte e un centro industrial de construcións navais e metalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conurbación do NL de Inglaterra (1.300.000 h [1981]). Constitúe un gran complexo industrial ao longo do esteiro do Tyne que abrangue Gateshead, Wallsend, Hebburn, Jarrow, South Shields e Newcastle-upon-Tyne.

    VER O DETALLE DO TERMO