"UNESCO" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Revista internacional de periodicidade mensual que se edita en braille e en 36 linguas, entre elas a galega. A primeira publicación en galego apareceu en 1989, cando figuraba como director xeral da UNESCO o español Federico Mayor Zaragoza. Sen subtítulo, cada número aparece baixo un epígrafe diferente. Coordinan a edición galega Xabier Senín e Xosé Cermeño. Contén novas e artigos referidos a diversas cuestións como, a situación en África, a celebración do entroido en Rio de Janeiro, a hospitalidade dos pobos, os nenos, a ciencia e o home, a historia do mundo e das relixións, o universo, a liberdade ou as cidades. Ademais, inseriu entrevistas a diversas personalidades do mundo artístico, político e intelectual, entre outros, François Miterrand, Jorge Amado, Richard Attenborough, Václav Havel, Gabriel García Márquez, Jacques-Yves Cousteau, José Carreras e Oliver Stone, entre outros. Sobre todo, préstalle unha especial importancia á acción da UNESCO no mundo e á protección dos elementos culturais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento que se creou en Madrid, liderado por Bautista Álvarez, dentro do Club de Amigos de la Unesco (CAUM) a finais da década de 1960, e ao que estivo ligado a organización da Unión do Pobo Galego (UPG) nas súas primeiras andainas fóra de Galicia, que tiña como fin saír do illamento político e cultural e renovar a loita contra a ditadura franquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución especializada da ONU, creada en 1945, con sede en París. Os seus obxectivos son os de contribuír á paz e á seguridade mundial promovendo o entendemento e a cooperación entre os estados mediante o fomento da educación libre, obrigatoria e universal, a promoción do intercambio cultural, o uso pacífico da ciencia, e a colaboración dos medios de comunicación na defensa da verdade, a liberdade e a paz, así como na difusión das culturas do mundo. Ademais da conferencia xeral, o consello executivo e o secretariado, dispón de varios organismos e comisións de traballo e consulta. Finánciase con doazóns, coas contribucións dos estados membros e cos fondos da ONU. Entrega os Premios UNESCO e potencia diversas actividades, conferencias, seminarios e publicacións como O Correo da Unesco.

    VER O DETALLE DO TERMO