"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • PERSOEIRO

    Militar e estatista. Comandante Xeral e Intendente de Nova Galicia (1799). Nomeado Vicerrei do Perú no 1804, exerceu esa función dende o ano 1806. Malia as reformas que promoveu, os movementos independentistas non detiveron o seu avance e reprimiunos coas armas (1810-1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Usar de mala maneira ou con exceso algo en prexuízo propio ou alleo.

      1. Aproveitarse de xeito abusivo da boa fe, inexperiencia, bondade, traballo, etc que realiza alguén.

      2. Infrinxir un trato deshonesto a unha persoa en inferioridade de condicións verbo doutra.

      3. Someter un home a unha muller a saciar o seu apetito sexual en contra da súa vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser acusado dun delito, dunha falta, dun problema, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de acusar ou acusarse.

    2. Inculpación realizada contra unha persoa por ter o convencemento de que cometeu un delito.

      1. Exercicio dunha acción penal. A acusación dos delitos públicos é encomendada pola lei ao ministerio fiscal, pero tamén poden exercela os particulares; a acusación dos delitos só poden exercela as persoas que a lei determina.

      2. Parte ou órgano do ministerio fiscal que se encarga de exercer esa tarefa.

      3. Comunicado oral ou escrito que contén a narración dos denunciantes.

      4. acusación falsa

        Delito que consiste en imputar dolosamente a algunha persoa a comisión de feitos que, de ser certos, constituirían un delito ou unha falta perseguible de oficio. Realizada a imputación perante un funcionario, este, por razón do seu cargo, está na obriga de promover a pescuda e o castigo dos feitos imputados.

    3. Declaración de culpabilidade falsa ou inxustificada contra un terceiro formulada por individuos mentalmente desequilibrados, como mitómanos, paranoicos, afectados de delirios crónicos ou dementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de acusar.

    2. Persoa contra a que se dirixe, en xeral, a acusación penal. Recibe o nome de inculpado ou querelado, na fase inicial; de procesado, no sumario, se é decretado o procesamento formal, e de acusado propiamente dito cando, comezado o xuízo oral, se pide unha pena ou se esixe unha responsabilidade pecuniaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen acusa.

    2. Persoa que nun proceso penal mantén a acusación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuírlle a culpabilidade de algo a alguén.

    2. Denunciarse un a si mesmo.

    3. Evidenciar, denunciar algunha cousa, dar indicios.

    4. Exercer unha acción penal.

      1. Remarcar, con molduras, liñas, cornixas ou algún outro elemento decorativo, os límites dos elementos arquitectónicos coa finalidade de evidencialos.

      2. acusar as xuntas

        Perfilar as fiadas dun muro por medio de liñas, indicando as xuntas dos perpiaños.

    5. En determinados xogos de cartas, declarar a posesión de determinados naipes.

    6. Declarar ter recibido unha carta, un envío ou semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do que serve para acusar ou que está relacionado coa acusación.

    2. Caso gramatical da declinación latina e doutras que ten unha íntima conexión coas nocións de transitividade e intransitividade. O termo actual é de tradición romana e froito da confusión. Para os gregos era o caso que expresaba a relación de causa-efecto. Nas gramáticas de corrente tradicional, perdura aínda o concepto de que expresa o complemento directo do verbo, naturalmente transitivo. Oposto aos outros casos, o acusativo, xunto co nominativo, é un caso que abrangue o substantivo en toda a súa extensión, mentres que nos outros se designa só un aspecto accidental dentro do proceso verbal. Oposto ao nominativo, sinala a polaridade pasiva ou de efecto. O acusativo latino espallou o seu campo a costa de construcións sintácticas con outros casos, empregando incluso a preposición. Esta amplificación pasou ás linguas románicas que tomaron do acusativo latino a maior parte das palabras que tomaron para si, unha vez producida a perda da distinción de casos e a utilización do artigo e da preposición...

    3. Complemento directo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á acusación, especialmente nun proceso penal.

    2. Procedemento para perseguir e xulgar os delitos, oposto ao sistema inquisitivo. Esixe, como elementos esenciais, acusación concreta, publicidade no proceso, igualdade de dereitos e obrigas entre a acusación e a defensa, liberdade para o acusado ata a sentenza definitiva, posible impugnación por calquera motivo da sentencia, etc. A lexislación española aceptou o sistema acusatorio na fase do xuízo oral ou plenario, mantendo o inquisitivo na do sumario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión de límites indeterminados da atmosfera superior, considerada como límite ou transición entre a parte máis densa da atmosfera e o espazo exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de afusar.

    2. Que ten a forma de fuso.

    3. A metade dun afusal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manchea de liño que cabe nun fuso e que adoita venderse a ollo e sen peso. O seu prezo aparece datado en dous reás no s XVII no concello da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar forma de fuso a algún obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político indonesio. Formou parte do Partido Comunista de Indonesia dende 1943. Posteriormente fundou o Movemento para a Independencia de Indonesia polo que foi detido sucesivamente polos xaponeses e os holandeses no 1945. Dende 1947 ocupou diversos cargos no Partido Comunista e no goberno presidido por Sukarno (1950-1965). Foi executado despois do golpe de estado do Xeneral Untug (1965) durante a represión dirixida polo Xeneral Suharto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tamén chamado beato de Vercelli, foi Bispo de Bobbio e de Vercelli (1184), amais de Patriarca latino de Xerusalén (1204). Protexeu os carmelitas e morreu asasinado. A súa festividade celébrase o 5 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estudou Filosofía, Teoloxía e é doutor en Ciencias da Información. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi delegado da Voz de Galicia en Santiago, director xeral de Cultura da Xunta e coordinador xeral das Xornadas do Cine en Ourense. Publicou traballos monográficos sobre comunicación e cultura, medios de comunicación e audiovisuais en Galicia. Durante a súa estadía á fronte da Dirección Xeral de Cultura promoveu a posta en marcha do Centro Dramático Galego en 1984 e consolidou as axudas para a produción e distribución de espectáculos teatrais. Tamén ocupa un lugar importante no cine galego desde os anos setenta. Coa organización das Xornadas de Cine en Ourense, en que colaborou de maneira moi especial de 1973 a 1978, contribuíu a impulsar a recuperación do cine galego. Durante o seu mandato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Xapón, no mar de Amakusa, na parte nororiental do mar de China, ao SL da illa de Kyūshū. Comprende unhas setenta illas e illotes. Os seus principais recursos económicos son a pesca e o arroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1162-1174). Fillo de Foulques de Anjou e sucesor do seu irmán Baldovino III. Para impedir que o gobernante turco de Siria, Nūr al-Dīn, se apoderase do Exipto fatimita, pactou co seu sogro, o Emperador de Bizancio, Manuel I de Comneno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei nominal de Xerusalén (1197-1205) e de Chipre (Amalrico I, 1194-1205). Herdou do seu irmán Guido I de Xerusalén o señorío de Chipre (1194). No 1197 foi nomeado Rei de Xerusalén polo seu casamento con Isabel I, viúva de Conrado de Montferrat. Axudado polos cruzados alemáns, tomou Beirut.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo editada nos anos oitenta do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO