"Ulises" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Político e escritor dominicano. Loitou pola independencia na segunda dominación española. Unha vez restaurada a República, foi elixido presidente (1876), cargo ao que renunciou seis meses despois tras facer fronte a varios alzamentos rebeldes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Ulyxes, e este á súa vez do nome do heroe grego Οδυσσε ὐ ς, protagonista da Odisea. O significado que dá o propio Homero é ‘o que odia, que ten rancor’, de odissonai ‘odiar’, pola indignación de seu avó ao chegar a Ítaca o día en que naceu. Outras hipóteses fano proceder do grego Odios ‘camiño’, en alusión á súa longa viaxe de volta á casa. A forma latina pode deberse á influencia do nome etrusco Uluxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino de Odiseo, heroe mítico grego, fillo de Laertes e Anticlea. Rei de Ítaca, participou cos aqueos na Guerra de Troia, que venceron ao entrar astutamente na cidade metidos no interior dun cabalo xigante de madeira. Durante o seu regreso a Ítaca tivo que afrontar innumerables aventuras e perigos enviados polos deuses. Finalmente, venceu os pretendentes que, na súa ausencia, asediaran a súa muller Penélope e menosprezaran a seu fillo Telémaco. As súas fazañas aparecen narradas na Ilíada e na Odisea.