"Uruguay" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • RIOS

    Río de América do Sur (900 km de lonxitude), que nace na Serra Geral en Brasil. Cun réxime pluvial subtropical, a maior parte do seu curso serve de fronteira, primeiro entre Arxentina e Brasil e despois entre a Arxentina e Uruguay. Desemboca no Río de La Plata, xunto co Paraná.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da América meridional, que limita ao N e ao L co Brasil, ao S co Océano Atlántico e o estuario do Río de La Plata e ao O coa Arxentina (176. 215 km2; 3.241.003 h [2004]). A capital é Montevideo.
    Xeografía física
    Fisiograficamente, Uruguay forma parte do extremo sur do escudo paleozoico brasileiro. O recheo está determinado por unha serie de montes ondulados e alongados, compostos por materiais cristalinos, granito e gneis (as cuchillas), dunha escasa altitude. Potentes estratos de arxila e gres de orixe fluvial ou eólico reencheron os vales que hai entre as cuchillas e forman unha gran chaira, suavemente ondulada. As cuchillas máis importantes son a Cuchilla de Santa Ana, que se estende pola fronteira brasileira, da que saen, perpendicularmente, a Cuchilla Grande, ao L, que chega ata o Río de La Plata, e a Cuchilla de Aedo, cara ao O. O litoral é moi simple, con predominio de costas baixas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oitava conferencia do GATT. Iniciouse en Punta del Este en 1986 e rematouse coa firma da Declaración de Marraquex en 1994. Deu lugar á creación da Organizacion Mundial de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO