"Urxa" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Longametraxe dirixida en 1989 por Alfredo Pinal e Carlos A. López Piñeiro que, xunto a Continental e Sempre Xonxa, conforma un fito no cine galego a escala industrial, como unha das primeiras longametraxes de ficción galegas. O filme organízase a partir de tres curtametraxes -O medallón de Urxa, O arcón de Petro Xesto e O ídolo de Mider-, que tentan atopar o seu nexo de unión na personaxe protagonista. Urxa, testemuña e narradora, é unha meiga que vive nunha paraxe remota da Galicia rural, cun marcado rol máxico vinculado ao contorno sociocultural e á natureza. As tres partes do filme responden á súa vez a tres momentos do s XX en Galicia: os primeiros anos, a década de 1940 e a de 1980.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do grego Georgios, derivado de georgós ‘labrego, agricultor’, a través do latín tardío Georgius. Presenta a variante masculina Xorxe.