"Valera" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Político irlandés de ascendencia española. Foi presidente do Sinn Féin (1917-1926) e da clandestina Irish Republic. Participou na revolta de 1916 e foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada. Rexeitou o acordo que creaba o Estado Libre de Irlanda (1921), esixiu a total independencia para toda a illa e boicoteou o Parlamento irlandés. En 1926 organizou un novo partido, o Fianna Fáil, do que foi presidente (1926-1959). Foi primeiro ministro (1932-1948, 1951-1954 e 1957-1959) e presidente da República de Irlanda (1959-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Paco Rabal, protagonizou numerosos filmes, dos que destacan Hay un camino a la derecha (1953), Nazarín (1958), Viridiana (1961), Belle de jour (1966), Truhanes (1983), Los santos inocentes (1984, Premio de interpretación do Festival de Cannes), Juncal (1989), El hombre que perdió su sombra (1991), Goya en Burdeos (1999, Goya á mellor interpretación masculina) e Lázaro de Tormes (2000). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1992) e a Medalla de Oro de la Academia de Cine (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Trujillo, Venezuela, situada ao SO da cidade de Trujillo (128.190 h [2001]). A industria alimentaria e as construcións eléctricas son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Ingresou no corpo diplomático e ocupou diversos cargos políticos. Cultivou todos os xéneros literarios, desde a tradución á crítica literaria, ensaios sobre relixión, filosofía, estudos sobre política e historia, a narración breve, o conto, o teatro e, sobre todo, a novela, xénero ao que se incorporou serodiamente e no que destacou. Contrario á novela naturalista, defendeu a tese de que a novela é unha forma de poesía, e nas súas obras tentou retratar o ambiente andaluz e unha fixo profunda análise psicolóxica das personaxes. Da súa obra salientan Pepita Jiménez (1874), Doña Luz (1879) e Juanita la Larga (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e biblista. Monxe xerónimo, abrazou a reforma protestante. Fuxiu da Inquisición e refuxiouse en Xenebra, onde publicou diversos tratados teolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Bo coñecedor da política do seu tempo -desde o reinado de Xoán II ata os Reis Católicos-, sobre a que reflexionou nas súas obras Crónica abreviada ou Valeriana (1482), Memorial de diversas fazañas e Crónica de los Reyes Católicos. Escribiu tamén, entre outras, unhas Epístolas e a Defensa de virtuosas mujeres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eamon De Valera.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na ribeira dereita do río Júcar (1.502 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO