"Venancio" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
GALICIA
Actor, autor e director. Coñecido como Nancho Novo, desenvolveu unha ampla actividade teatral como intérprete (Defendiendo al cavernícola), director e autor de varias obras (Cyborg, blues por un perro muerto ou Maloficio). Cantante e guitarrista do grupo Los Castigados sin Postre, co que publicou o disco Confieso que he bebido (1996), comezou a súa andaina cinematográfica no filme El juego más divertido (1988) e tivo o seu primeiro papel protagonista en La ardilla roja (1992). Tamén cómpre salientar a súa participación nos filmes La flor de mi secreto (1995), Tierra (1996), A noiva de media noite (1997), Fisterra (1998), Los amantes del Círculo Polar (1998), Tierra de fuego (2000), O lapis do carpinteiro (2002) ou Astronautas (2004). Recibiu o premio ao actor revelación da Unión de Actores de Madrid (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Venantius e este do participio presente de uenor ‘que caza, cazador’. Esta testemuñado como nome na época cristián.
-
PERSOEIRO
Relixioso e poeta. Bispo de Poitiers (597), escribiu 11 libros de Carmina ou Miscellanea, que, ademais de biografías de santos, conteñen tamén himnos, elexías, consolacións e epitalamios. Foi o primeiro poeta medieval da Galia. Iconograficamente representouse vestido de bispo, co palio sacro. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Morreu decapitado despois de que fixese brotar auga dunha fonte para apagar a sede dos seus verdugos. Iconograficamente representouse como un rapaz novo con traxe segrar, cunha mazá nunha man e un estandarte coa cruz. A súa festividade celébrase o 18 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO