"Vences" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Novelista, prosista e dramaturgo. As súas novelas apareceron en folletíns e acadaron un grande éxito: María, la hija del jornalero (1845), Pobres y ricos o la bruja de Madrid (1849), etc. Na mesma liña escribiu dramas como El primer crimen de Nerón (1830). Nas súas obras exalta a pobreza e a liberdade fronte ao poder e á opresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras, publicou Los caminos de Martin Heidegger: filosofía del lenguaje en el siglo XX (1993), Platón suspende la selectividad (1994), Vislumbres de utopía (1995) e o libro de poemas De la memoria al sueño (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do antigo checo veçeslav ‘moi glorioso’, a través da forma Venceslaus do latín eclesiástico. É un nome moi popular en Chequia e Eslovaquia na súa forma Václav.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de romanos (1376-1378), emperador do Sacro Imperio Romano-xermánico (1378-1400), rei de Bohemia (Venceslau IV, 1363-1394 e 1395-1400), príncipe elector de Brandenburgo (Venceslau I, 1373-1378) e duque de Luxemburgo (Venceslau II: 1383-1387), fillo e sucesor do Emperador Carlos IV. Gobernou con dureza Bohemia desde Alemaña. Os electores e príncipes depuxérono xuridicamente e nomearon un sucesor imperial (1400), pero continuou a reinar en Bohemia, ata que volveu ser prendido e o seu irmán, Sexismundo I de Hungría (1402), foi nomeado rexente. Libre despois, deulle apoio ao movemento dos husitas; pero ao seren condenados no Concilio de Constanza (1415), decidiu reprimilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1230-1253), fillo e sucesor de Otakar I de Bohemia. Derrotou a Federico I (1232), aínda que posteriormente aquel invadiu Moravia. Para executar contra el o decreto de proscrición, uniuse ao emperador en 1237, que acabou conseguindo o dominio total de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Venceslau II de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1278-1305) e de Polonia (Venceslau I, 1300-1305), fillo e sucesor de Otakar II de Bohemia. Estendeu a soberanía feudal sobre os ducados de Silesia, que foron de Polonia. Interveu na elección de Alberte I (1297-1298), pero tivo que sufrir o seu dominio. Accedeu ao trono polaco ao casar coa herdeira, Isabel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Venceslau III de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1305-1306), de Hungría (Venceslau I, 1302-1305) e de Polonia (Venceslau II, 1305-1306), fillo de Venceslau II de Bohemia. Perdeu Hungría na guerra contra Alberte I de Austria (1305) e tivo que venderlle as posesións de Misnia ao margrave de Brandenburgo. Foi o último soberano da dinastía premyslida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Venceslau I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bohemia (Venceslau I: 921-929). Convertido ao cristianismo, preocupouse pola mellora cultural e relixiosa do seu pobo. Morreu asasinado a mans do seu irmán Boleslau I, líder dos pagáns. Considerado mártir da fe e heroe nacional dos checos, foi venerado como santo. A súa festividade celébrase o 28 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO