"Venezuela" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estatal venezolana, creada en 1960 para intervir na explotación petrolífera, que pertence a multinacionais estranxeiras.
-
ENTRADA LARGA
Estado de América meridional, limitado ao N polo mar das Antillas e o Océano Atlántico, ao L pola Güiana, ao S por Brasil e Colombia e ao O por Colombia (916.445 km2; 23.054.210 h [2001]). A capital é Caracas.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Fisiograficamente pódense distinguir catro grandes unidades de relevo: o escudo da Güiana, os Andes, separados do escudo por unha extensa chaira (os Llanos), e o sistema montañoso do Caribe. O escudo da Güiana, situado ao S e ao L do río Orinoco, é un macizo moi antigo cun aspecto de relevo tabular. Os ríos escavaron profundos vales, dominados por elevacións solitarias (Auyán Tepuy, 2.950 m; Cerro de Neblina, 3.014 m). Os Andes venezolanos proveñen dun ramal que se desprende da cordilleira Oriental de Colombia, que ao penetrar en Venezuela se bifurca e forma un grande arco, no medio do que está a depresión do lago Maracaibo. A serra de Perijá, no O, e a serra de Mérida (Pico Bolívar, 5.007 m), no L, están... -
GOLFOS
Amplo entrante do Mar Caribe, en territorio venezolano. Pertence, na súa maior parte, a este país, agás un sector do NO, que corresponde a Colombia. Está enmarcado polas penínsulas de Guajira, ao O, e Paraguaná, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO