"Voltaire" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Escritor e pensador. Formado polos xesuítas, de mozo introduciuse en ambientes mundanos e libertinos que lle inculcaron un certo esnobismo social. Estudiou Dereito sen moito entusiasmo e deuse a coñecer cuns versos satíricos que lle valeron durante os primeiros anos da Rexencia (1715-1718), diversos confinamentos e unha breve estadía na prisión da Bastilla. Unha traxedia neoclásica, Oedipe (1719), chea de alusións políticas e anticlericais, fíxoo popular entre a nobreza e recibiu protección do rexente e do Rei (concedéronlle dúas pensións en 1722). Insistiu na súa crítica subversiva no poema épico La Henriade (edición clandestina de 1723), malia o que seguiu frecuentando a corte e mesmo foi invitado á voda de Luís XV. Non obstante , a disputa co cabaleiro de Rohen (1726) reportoulle unha nova estadía na Bastilla e o exilio en Londres ata 1729. Este período inglés transformouno nun burgués consciente e combativo, máis sensible á historia e cultura estranxeiras -descubrimento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célebre sala de cabaré aberta en Zúric por Hugo Ball e Emmy Hennings o día 5 de febreiro de 1916. A partir dese momento sucederíanse novos encontros de artistas nos que se realizaban as máis diversas accións, normalmente coordinadas por Tristan Tzara e Marcel Janco, Hugo Ball, Jean Arpe, Richard Huelsenbeck. Por aquela sala pasaron políticos do relevo de Lenin ou coreógrafos famosos como Rudof von Laban. Foi o espazo onde naceu e se desenvolveu o movemento Dadá. Pechou as súas portas a finais de xuño do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • François-Marie Arouet.

    VER O DETALLE DO TERMO